Se cheira a gas ou sospeitas que hai unha fuga chámanos: 900 750 750

En que podemos axudarte?

Con quen podo realizar a inspección periódica da instalación de gas da miña vivenda?

  • Realizala con Nedgia, a túa empresa distribuidora de gas.
  • Optar por unha empresa instaladora de gas habilitada. Nesta web poderás consultar a listaxe de empresas instaladoras habilitadas:i.nedgia.es/instaladoresgas

A empresa que realice a inspección da instalación de gas encargarase de enviarnos o certificado co resultado desta a través da web.

Fanse ao mesmo tempo as inspeccións da instalación individual da miña vivenda e da instalación de gas da miña comunidade?

Estas inspeccións realízanse cada cinco anos pero non sempre se fan á vez. Desde NEDGIA informarémoste por escrito cando sexa o momento de realizala.

Cando debo realizar a inspección de gas da miña vivenda?

De acordo coa normativa vixente, a inspección da instalación das zonas comúns realízase cada 5 anos. Desde NEDGIA informarémoste por escrito, mediante carta, cando vencese o período e debas realizala.

Que é a inspección da instalación receptora individual?

É a revisión da instalación de gas da túa vivenda, así como dos aparellos que funcionan a gas dentro da mesma. O mantemento, conservación e bo uso da instalación de gas natural é responsabilidade do titular desta ou do usuario da instalación. Realizarase a revisión dos seguintes aparellos que funcionan a gas:

  • Caldeira
  • Quentador
  • Cociña
  • Secadora

E se non vou poder estar o día indicado, que podo facer?

Podes poñerte en contacto co noso servizo de atención ao cliente chamando ao teléfono 900 100 252 para volver concertar a cita ou ben chamar ao teléfono do técnico que se indicará no cartel que se colgará no teu edificio, uns días antes da visita.

E se non contacto para concertar unha nova visita?

A túa instalación de gas natural require certos coidados para garantir a súa utilidade. Non esquezas pasar a inspección; é pola túa seguridade. Se non se pasa a inspección, notificarase ao organismo competente da túa comunidade autónoma e pode interromperse a subministración de gas natural. Ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente chamando ao teléfono 900 100 252, dispoñible de luns a sábado de 8:00 a 22:00 h, para concertar unha nova cita.

Que pasa se non envío o xustificante de corrección de anomalías?

Non teremos constancia de que se corrixiron as anomalías e constará que a túa instalación non cumpre coa normativa vixente. Periodicamente se realiza unha notificación ao organismo competente da túa comunidade autónoma das instalacións con anomalías e pode interromperse a subministración de gas natural.

Que se fai unha vez resolta a anomalía?

Unha vez corrixida a anomalía, o instalador autorizado ou o servizo técnico do teu aparato de gas entregarache unha copia deste xustificante de corrección de anomalías correctamente completado e teránolo que enviar, escaneado ou mediante unha foto da páxina completa, a través da área privada de colaboradores da nosa web. Se decides facérnolo chegar ti mesmo, debes envialo ao correo electrónico documentacioninspeccion@nedgia.es.

Quen corrixe as anomalías?

O instalador ou empresa autorizada, ou o servizo de asistencia técnica. Recorda que o instalador que realiza a inspección non poderá proceder á reparación das anomalías da visita da inspección.

Que perigos implica a manipulación irregular das instalacións de gas?

As manipulacións irregulares das instalacións de gas son moi perigosas para as persoas que as realizan, para as persoas que conviven con elas e para os seus veciños. Poden provocar fugas e estas, posibles incendios e, en casos extremos, explosións.

Está tipificado o delito de fraude en gas?

Os artigos 255 e 623 do Código penal recollen o delito e a falta de defraudación de enerxía, mediante a manipulación das instalacións ou dos contadores, e establecen as correspondentes penas.

Afecta a comisión dunha fraude de gas natural ao resto de consumidores?

O usuario que defrauda enerxía prexudica economicamente ao resto dos consumidores, debido a que a actual configuración do marco tarifario compensa as perdas de gas a través dos prezos que se establecen trimestralmente para as tarifas xerais de acceso, o que provoca deste xeito o seu aumento.