Composición e propiedades
O gas natural é un hidrocarburo formado principalmente por metano, aínda que tamén adoita conter unha proporción variable de nitróxeno, etano, CO2, H2O, butano, propano, mercaptanos e trazas de hidrocarburos máis pesados. O metano é un átomo de carbono unido a catro de hidróxeno (CH4) e pode constituír ata o 97 % do gas natural.