Información tarifas de acceso de gas natural

Coñece de xeito sinxelo os cambios na normativa e como se verán reflectidos na túa factura. Novidades nas peaxes de acceso ao gas natural.
 
 

Peaxes de acceso ao gas natural

01
02

Axudámosche a resolver as túas dúbidas

Peaxes de acceso e cargos de gas en función do consumo

Desaparecen os tramos tarifarios por presión e pasan a determinarse só por consumo. A contía do importe da peaxe de acceso e os cargos variará en función da peaxe que che corresponda. Na revisión anual a distribuidora poderá cambiarche de tarifa en función do teu consumo real do ano anterior. En caso de desconformidade co cambio de tarifa, debes dirixirte á túa empresa comercializadora.

Revisión anual da peaxe de acceso

A actualización das peaxes de acceso realizarase o 1 de outubro e considérase o ano de gas, isto é, o período comprendido entre o 1 de outubro e o 30 de setembro. Ata agora, a actualización do importe das peaxes de acceso realizábase o 1 de xaneiro tendo en conta o ano natural. Este ano, a asignación das subministracións aos novos grupos tarifarios realizarase tendo en conta o consumo rexistrado dende o 1 de xullo de 2020 ata o 30 de xuño de 2021.

A quen aplica este cambio?

O cambio aplica a todos os usuarios con servizo de gas natural. É un cambio regulatorio do sector e todas as comercializadoras deben aplicalo. Os custos de peaxes e cargos de sistema de gas son os mesmos para todos os clientes dependendo do tramo de consumo no que se encontren, e son os mesmos para todas as comercializadoras.

 
 

Peaxes de acceso

Nuevo peajeTamaño (kWh)Grupo tarifario actualmente en vigorTamaño (kWh)Grupo tarifario actualmente en vigorTamaño (kWh)
Grupo 2
4 ≤ P < 60 bar
Grupo 3
P < 4 bar
RL.1C ≤ 5.0002.1C ≤ 500.0003.1C ≤ 5.000
RL.25.000 < C ≤ 15.0003.25.000 < C ≤ 50.000
RL.315.000 < C ≤ 50.000
RL.450.000 < C ≤ 300.0003.350.000 < C ≤ 100.000
RL.5300.000 < C ≤ 1.500.0003.4100.000 < C ≤ 8.000.000
RL.61.500.000 < C ≤ 5.000.0002.2500.000 < C ≤ 5.000.000
RL.75.000.000 < C ≤ 15.000.0002.35.000.000 < C ≤ 30.000.000
RL.815.000.000 < C ≤ 50.000.0002.430.000.000 < C ≤ 500.000.000
3.5C > 8.000.000
RL.950.000.000 < C ≤ 150.000.0002.51000.000.000 < C ≤ 500.000.000
RL.10150.000.000 < C ≤ 500.000.000
RL.11C > 500.000.0002.6C > 500.000.000

Que máis é interesante coñecer?