Por instrucións da túa comercializadora
Se hai incidencias nas facturas ou impagos, poden solicitar que interrompamos a subministración. Contacta coa túa comercializadora, que che indicará os pasos que debes seguir. Unha vez solucionado, chamarémoste e acudiremos a restituírche a subministración, momento no que deberás estar presente.
Por incidencias no proceso de inspección periódica
As incidencias no proceso de inspección periódica son habituais e poden levar a unha interrupción de subministración. As incidencias poden ser de múltiples tipos: por non superar a inspección, por estar ausente o día da inspección, por problemas na instalación receptora común ou a individual, ou por outras causas que, sempre que sexan emendadas e documentadas adecuadamente, poderán habilitar a reactivación da subministración.
Por incidencias na rede ou nas instalacións
Cando se realizan intervencións de mantemento nas redes de subministración ou nas instalacións receptoras comunitarias dos predios (IRC), poden ocasionarse interrupcións puntuais e temporais da subministración. Se cres que pode ser o teu caso, contacta co Servizo de Urxencias de Nedgia S.A. chamando o 900 750 750