Se cheira a gas ou sospeitas que hai unha fuga chámanos: 900 750 750

Contadores e medidores de gas natural

Coñece os distintos servizos de medición.

Servizos de medición de gas natural

Cesión de contadores

Se require a instalación temporal dun contador por verificación, avaría, etc., do que teña en propiedade, Nedgia pon á súa disposición, por un período máximo de 6 meses, os contadores que se relacionan na seguinte táboa de prezos.

Para máis información, consulta en: umedicion@nedgia.es

Contadores tipo: Membrana segundo UNE-EN 1359:1999 / 2006; dinámica: 1:160. Presión máxima: 0,5 bar

Modeloprecio €/mes iva incluido
G-16160,90
G-25163,86
G-40183,05
G-65197,81
G-100225,87


Contadores de turbina – Tipo: Turbina segundo UNE-EN 12261:2003; dinámica: 1:20. Presión máxima: 16 bar Bridas: Fixas, segundo DIN PN 16 Emisor: Baixa frecuencia

Modeloprecio €/mes
G-65 DN 50191,91
G-100 DN 80193,39
G-160 DN 80193,39
G-160 DN 100199,32
G-250 DN 80215,52
G-250 DN 100221,44
G-400 DN 100224,39
G-400 DN 150245,05
G-650 DN 150245,05
G-650 DN 200492,68
G-1000 DN 150245,05
G-1000 DN 200305,58
G-1600 DN 200499,52
G-1600 DN 250508,07
G-2500 DN 250445,81


Contadores tipo: Pistóns segundo UNE-EN 12480:2003; dinámica: 1:20. Presión máxima: 16 bar Bridas: Fixas, segundo DIN PN 16 Emisor: Baixa frecuencia

Modeloprecio €/mes
G-16181,58
G-25184,53
G-40186,00
G-65187,48
G-100196,33
G-160221,44
G-250248,01


Os prezos indicados inclúen un 21% de IVE. Os prezos non inclúen os traballos de instalación e retirada do contador de cesión. Estes traballos deberán ser realizados por un instalador autorizado.

Dispositivos de conversión de volume

Alugueiro de dispositivos de conversión

Nedgia pon á disposición dos consumidores dispositivos de conversión de volume segundo a UNE-EN 12405-1:2006, en réxime de alugueiro, para contadores con emisor de pulsos de baixa frecuencia.

Os prezos de alugueiro abranguen:
  • Custo dos equipamentos e accesorios de montaxe.
  • Sensores de presión e temperatura.
  • Custos de instalación.
  • Mantementos correctivos, con servizo de atención entre 3 e 7 días laborables en función da criticidade.
  • Mantemento preventivo, verificación de lazos in situ nos prazos que establece a lei segundo o seu consumo.
  • Emisión de certificados e entrega ao usuario dun exemplar.
  • Cambio de parámetros de calidade do gas en caso de tipo PTZ.
  • Cambios de baterías.
  • Equipo de substitución en caso de non se poder reparar in situ.
Dispositivo para unha liña de medida cun consumo ata 5 GWh/ano:
55,00 €/mes

Dispositivo para unha liña de medida cun consumo entre 5 e 100 GWh/ano:
75,00 €/mes

Dispositivo para unha liña de medida cun consumo entre 100 e 1.000 GWh/ano:
117,32 €/mes

Dispositivo para unha liña de medida cun consumo superior a 1.000 GWh/ano:
206,47 €/mes

Os prezos indicados non inclúen o IVE.

Cesión de dispositivos de conversión

Se require a instalación temporal dun dispositivo de conversión de volume por avaría, etc, que teña en propiedade, Nedgia pon á súa disposición un equipo segundo a UNE-EN 12405-1:2006 por un período máximo de 6 meses:

Cesión de dispositivo de conversión de volume ………………. 469,73 €/mes
O prezo non inclúe o IVE. O prezo inclúe a instalación e a retirada do dispositivo de conversión.

Cesión de dispositivos de conversión

Verificación de equipos de medida

Verificación de contadores

En Nedgia poñemos á disposición dos consumidores o servizo de comprobación metrolóxica de contadores da súa propiedade.

Este servizo inclúe:
  • A montaxe e desmontaxe do contador de cesión temporal ou de reserva se o cliente dispón dun.
  • Traslado e confirmación metrolóxica do contador en laboratorio.
  • No caso de resultar apto, o traslado, montaxe do contador e entrega do correspondente certificado.
Como referencia indícanse as tarifas das verificacións dos contadores tipo turbina:

Calibre contadorCoste total
Inferior o igual a G-1001.790,80 €
De G-160 a G-4001.929,95 €
De G-650 a G-1600 (*)3.055,25 €


Para solicitar as tarifas do resto de tipoloxías de contadores ou para encargar as verificacións, estamos á túa disposición en: umedicion@nedgia.es

Das tarifas está excluído o custo do contador de cesión, que dependerá do tempo que permaneza instalado.

No caso de que o contador deba repararse ou dun resultado non apto na proba en laboratorio, o contador será enviado ao fabricante, quen lles remitirá o orzamento de reparación do equipo que será sometido á súa aceptación previa.

Verificación de dispositivos de conversión de volume

Nedgia pon á disposición dos consumidores a comprobación dos dispositivos de conversión de volume da súa propiedade.

Este servizo inclúe:
  • Confirmación da precisión do dispositivo de conversión (conversor, transmisor de presión e sonda de temperatura) na propia instalación do consumidor e expedición e entrega do certificado correspondente.
  • Axuste do lazo de corrección se se encontra fóra de rango de precisión, só no caso de que a marxe do erro detectado o permita.
O custo por unidade de medida é de 544,50 €/unidade.

A comprobación do dispositivo de conversión só se poderá realizar se a instalación do consumidor dispón de vaíña ou termopozo para a sonda de temperatura e válvula de corte para seccionar a presión entre a toma do contador e a entrada ao transmisor de presión.

Os prezos indicados inclúen un 21% de IVE.

Equipos de telemedida

Os usuarios cuxo consumo anual supere os 5 GWh/ano, os consumidores con peaxe de acceso 3.5 e os consumidores con contratos de duración inferior a 1 ano; deberán dispoñer de equipos de telemedida que rexistren o seu consumo de gas, segundo Orde IET/2446/2013, do 27 de decembro, pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións de gas e a retribución das actividades reguladas.

O non cumprimento desta norma pode supoñer penalizacións para o usuario.

Alugueiro de equipos de Telemedida

Nedgia pon a disposición dos consumidores equipos de telemedida en réxime de alugueiro coas seguintes tarifas:
Para consumidores conectados a redes de distribución de gas con presión de subministración igual ou inferior a 4 bar, prezo regulado:
  • Equipo para unha soa liña de medida: 76,99 €/mes
  • Incremento para cada liña de medida adicional: 14,76 €/mes
Para consumidores conectados a redes de distribución de gas con presión de subministración superior a 4 bar, prezo NON regulado:
  • Unidade remota para a telemedida de 1, 2 ou 3 canles (ata tres liñas de medida): 136,81 €/mes
  • Unidade remota integrada en conversor de 1 canle de medida: 100,7 €/mes
  • Unidade remota estándar xestionando 1 Flow Computer (FC): 210,99 €/mes
  • Unidade remota estándar xestionando 2 Flow Computer (FC): 276,92 €/mes
  • Unidade remota estándar xestionando 3 Flow Computer (FC): 331,71 €/mes

Os prezos de alugueiro inclúen:

  • Custo do módulo de comunicacións.
  • Valor do armario e a súa preparación.
  • Fonte de alimentación (interna ou externa).
  • Barreiras de protección ATEX.
  • Custo de instalación.
  • SIM e custos telefónicos asociados.
  • Mantementos correctivos, con servizo de atención entre 3 e 7 días laborables en función da criticidade.
  • Cambios de baterías nas remotas integradas en conversor.
  • Equipo de substitución en caso de non se poder reparar in situ.
  • Acceso do usuario a través de web aos datos particulares dos consumos diarios e horarios.

Os prezos non inclúen:

  • A instalación da subministración eléctrica e o consumo eléctrico.
Os prezos indicados non inclúen o IVE. Os prezos indicados son por equipo e unidades de medida instaladas na mesma estación de regulación e medida de gas. Para mais información, contacta con: sgestiont@nedgia.es

Protocolos

Telelectura

Un servizo novo de Nedgia para empresas

Asistencia técnica e instalación de módulo de telelectura, propiedade do cliente.

Asistencia técnica e instalación de módulo de telelectura, propiedade do cliente.

  • O distribuidor instala un módulo de Telelectura propiedade do cliente sobre o contador existente.
  • O módulo de telelectura debe ser compatible co que poida ter instalado a distribuidora e debe cumprir as especificacións técnicas e regulamentarias para a súa instalación e para garantir o desenvolvemento da emisión de datos cara á distribuidora e cara ao propio centro do consumidor.
  • A tarifa aplicarase igualmente en caso de solicitarse unha visita de asistencia técnica para unha intervención correctiva ou calquera outra.

Obxectivo:

Servizo de instalación de módulo de telelectura, propiedade do cliente, en paralelo ao noso módulo, para a obtención de datos de consumo do contador.

Prezo:

186,63 €

Solicita este servizo

Solicitar telelectura