Lembra! O noso persoal non che cobrará nunca. O custo do servizo cargarase na factura que periodicamente che envía a túa comercializadora.

Solicitar a acreditación
O persoal de Nedgia ou da empresa acreditada que realice a inspección periódica, lectura de contador ou atenda unha urxencia relacionada coa infraestrutura de gas natural, ten que ir sempre debidamente identificado coa tarxeta de acreditación de Nedgia.

Comprobar que o seu uniforme ten o emblema de Nedgia ou da empresa acreditada
O persoal que te atende debe ir sempre coa indumentaria axeitada que o identifique como de Nedgia ou da empresa acreditada para tal efecto no caso das inspeccións periódicas, atención de urxencias, lectura do contador etc.

Proceso de inspección periódica, lectura do contador ou atención da urxencia
Tras comprobar os dous puntos anteriores, o persoal de Nedgia ou da empresa acreditada para tal efecto no caso das inspeccións periódicas ou lectura do contador, procederá a desenvolver o labor que teña lugar coa máxima celeridade e garantía.

Pagamento da xestión
Recorda que non deberás pagar nada no momento da visita ao teu domicilio, nin en efectivo, nin con tarxeta. Se a intervención ten custo, avisarante previamente e cargarase na factura que periodicamente che envía a túa comercializadora.
* Non están incluídos os temas relacionados coa caldeira ou quentador, instalación, reparación, etc.
* Non están incluídos os temas relacionados coa caldeira ou quentador, instalación, reparación, etc.