Estes son os pasos para a inspección
Aviso de carta 3 meses antes da inspección
A inspección periódica realízase obrigatoriamente por lei cada cinco anos. Dende Nedgia informarémoste por escrito 3 meses antes cando chegue o momento de realizala.
Lembra que hai que realizar a revisión das zonas comúns (IRC) e da túa vivenda (IRI), e que estas dúas inspeccións poden non coincidir no tempo. Unha vez recibida a carta, poderás elixir realizala connosco —Nedgia, a túa empresa distribuidora de gas— ou optar por unha empresa instaladora de gas habilitada. Se optas por unha empresa instaladora, esta deberá remitirnos o certificado de inspección antes da data indicada na carta.
No caso de que non dispoñamos del, entenderemos que queredes que sexamos nós, Nedgia, quen realice a inspección. Lembra que, no caso da inspección da instalación común, esta decisión recae sobre a comunidade de veciños conectados á rede.
Aviso de carta 15 días antes da inspección
No caso de que non recibamos o certificado da inspección que corresponda —IRC ou IRI— conforme xa realizaches a revisión con outra empresa instaladora, entenderemos que queres que sexamos nós quen realice a inspección.
Por este motivo, remitirémosche unha nova carta uns días antes da revisión na que te informaremos da data e hora da visita, así como cos datos de contacto da empresa que a realizará.
Aviso de cartel no predio
O técnico realizará a inspección que corresponda —IRC ou IRI— e entregará o certificado de inspección, no caso de que a superases, ou o xustificante de anomalías, en caso contrario.
Lembra que a inspección individual require entrar na túa vivenda. Por iso é moi importante que facilites o acceso o día da visita.
Visita de inspección
- Realizala con Nedgia, a túa empresa distribuidora de gas.
- Optar por unha empresa instaladora de gas habilitada. Nesta web poderás consultar a listaxe de empresas instaladoras habilitadas:
i.nedgia.es/instaladoresgas
A empresa que realice a inspección da instalación de gas encargarase de enviarnos o certificado co resultado desta a través da web.
Canto me custará e como podo pagala?
Non deberás realizar ningún pago no momento da inspección, tanto se a realizas connosco como cunha empresa instaladora de gas.
Faremos chegar o custo da inspección da instalación da túa vivenda e da túa comunidade á túa comercializadora, e pagaralo xunto coa túa factura do gas.