
Por instrucións da túa comercializadora
Se hai incidencias nas facturas ou falta de pagamentos poden solicitar que interrompamos a subministración. Ponte en contacto coa túa comercializadora, que che indicará os pasos para seguir. Unha vez solucionado chamarémoste e acudiremos a restituírche a subministración, momento no que deberás de estar presente.
Por incidencias no proceso de inspección periódica
As incidencias no proceso de inspección periódica son habituais e poden levar a unha interrupción de subministración. As incidencias poden ser de múltiples tipos: por non superar a inspección, por estar ausente o día da inspección, por problemas na instalación receptora común ou a individual ou por outras causas que sempre que sexan emendadas e documentadas adecuadamente poderán habilitar a reactivación da subministración.


Por incidencias na rede ou as instalacións
Cando se realizan intervencións de mantemento nas redes de subministración ou as Instalacións Receptoras Comunitarias dos predios (IRC) poden derivarse interrupcións puntuais e temporais da subministración. Se cres que pode ser o teu caso, ponte en contacto co servizo de urxencias de Nedgia S.A. chamando ao 900 750 750
Por anomalías no punto de subministración
Se cres que este é o teu caso ou en xeral descoñeces a causa, podes chamar ao 900 100 252 onde che daremos instrucións para solucionalo.
