A sostibilidade na cadea de subministración:
Nedgia está comprometida con xerar emprego en cada un dos lugares nos que está presente e contribuír ao desenvolvemento económico local, e para iso enfócase na compra a provedores locais, que fan parte da cadea de subministración da compañía. Neste aspecto, conta cunha política de xestión responsable da súa cadea de subministración para minimizar riscos e garantir unha adecuada xestión en áreas como o medio ambiente, a seguridade, os dereitos humanos, as prácticas laborais e a corrupción.
A ciberseguridade, unha prioridade en Nedgia
O incremento de dispositivos conectados á rede obrigou ás organizacións a establecer novos mecanismos de defensa para evitar ataques á seguridade da súa información. Como distribuidora de gas, Nedgia asume a responsabilidade de garantir unhas redes robustas e considera unha prioridade protexer as súas infraestruturas. O Plan de Ciberseguridade, incluído nos obxectivos do Plan de Sostibilidade 2022-2025 de Nedgia, busca incrementar a prevención, protección e investigación en materia de ciberataques e, en consecuencia, reforzar a resiliencia da compañía nos contornos dixitais co fin de asegurar a protección de todos os seus activos.