Se cheira a gas ou sospeitas que hai unha fuga chámanos: 900 750 750

Calidade e seguridade

 
 

Seguridade e saúde

1. Nada é máis importante que a seguridade e a saúde

… nin a produción, nin as vendas, nin os beneficios.

2. Todo accidente pode ser evitado

… non hai accidentes inevitables.

3. A seguridade é unha responsabilidade da Dirección

… e, como tal, debe xestionarse.

4. A seguridade é unha responsabilidade individual

… e unha condición de emprego e de contratación para as empresas colaboradoras.

5. Todos os traballos débense planificar e executar pensando na seguridade

… a nosa, a dos nosos empregados, empresa colaboradoras, visitantes, clientes e da comunidade.
 
 

Proxecto Precursores de Lesións Graves e Fatais

Compromiso do equipo Nedgia coa seguridade

Premios de Liderado en Seguridade e Saúde

Os propios empregados propuxeron compañeiros que consideran líderes en seguridade e saúde polo seu comportamento diario. Na convocatoria participaron 56 persoas que demostraron que a seguridade e a saúde son un tema importante para os traballadores.

Safety Day

No Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, Nedgia celebrou o seu compromiso con diferentes actividades organizadas polo equipo de Calidade, Prevención e Seguridade de Nedgia. Estas incluíron webinars e entrevistas con convidados especiais, enfocadas neste ámbito tan importante para a compañía.

Obxectivo accidentes 0

Conseguiuse o obxectivo accidentes 0 en persoal propio en 2022.