Vantaxes do gas natural para o sector industrial

O gas natural ofrece grandes vantaxes en procesos industriais onde se require de ambientes limpos, procesos controlados e combustibles de alta fiabilidade e eficiencia.
 
 

Vantaxes de instalar o gas natural para a túa empresa ou peme

Non require almacenamento para usalo

Como outros combustibles, como a biomasa ou o gasóleo.

Combustión máis limpa

Grazas a que os equipos e queimadores a gas natural son máis doados de limpar, requiren menos mantemento e consérvanse mellor durante máis tempo.

A combustión pode finalizar de forma instantánea

A combustión finaliza no momento en que a demanda de calor cesa. Isto faino moi útil para adaptarse ás necesidades variables de traballo do proceso produtivo.

Permite regulalo con gran precisión

Mantendo constante a temperatura.

Competitivo poder calorífico

O gas natural ten tanto poder calorífico como outros combustibles, isto fai que sexa economicamente rendible.
 
 

Usos do gas natural

Usos do gas para o sector industrial

O gas natural é unha das mellores fontes de enerxía para as industrias que utilizan fornos ou caldeiras nos seus procesos produtivos, como son:

Industria do vidro:

As propiedades do gas natural permitiron crear queimadores que permiten unha óptima transmisión da calor na masa do cristal. Así mesmo, grazas ás súas propiedades, o vidro sae limpo ao final do proceso produtivo.

Industria cerámica:

O uso do gas natural na industria cerámica permite aforrar custos e obter produtos de maior calidade. Isto é debido ao menor custo por kWh e a que o uso do gas natural diminúe a formación de manchas e descoloracións nos artigos durante a cocción e o secado.

Industria do cemento:

A utilización de fornos a gas natural reduce o mantemento alongando a vida útil dos fornos. Son ademais máis eficientes e contribúen a reducir a pegada medioambiental, xa que os gases que se producen pola combustión non contaminan.

Industria téxtil:

Na industria téxtil, o uso do gas natural supón un importante aforro enerxético ao permitir o quentamento directo por convexión en vez do uso do quentamento mediante fluídos intermedios.

Industria alimentaria:

O gas natural utilízase nos procesos de cocción e de secado. Ademais, permite cumprir coas esixencias de calidade ISO necesarias para a exportación de determinados produtos.

Fundición de metais:

O gas natural utilízase en diversos procesos relacionados co quentamento de metais, tanto na fusión coma no requentamento e tratamentos térmicos.

Usos do gas para a xeración de electricidade

O gas natural supón grandes vantaxes para a xeración de electricidade: é o combustible máis económico e o que menos impacto medioambiental produce. A produción de electricidade con gas natural é posible a través de turbinas. Existen diversas formas de producir electricidade:

Centrais combinado

Unha central de ciclo combinado de gas natural é unha planta de produción de enerxía eléctrica que combina dous procesos ou ciclos para obter o máximo rendemento: o ciclo de Brayton, no que os gases de combustión accionan directamente unha turbina de gas, e o ciclo Rankine, no que se aproveita a enerxía residual dos gases de escape da turbina de gas para xerar vapor nunha caldeira, que accionará á súa vez unha turbina de vapor. Ambas as dúas máquinas (turbina de gas e de vapor) accionan un alternador onde se transforma a enerxía mecánica en eléctrica.

A combinación destes dous procesos permite que este tipo de Centrais teña unha eficiencia enerxética moi superior (da orde do 57%) á das Centrais Térmicas Convencionais (arredor do 35%).

Centrais de ciclo combinado

A coxeración é a tecnoloxía baseada en utilizar, no propio centro de produción, a calor que inevitablemente se produce ao converter a enerxía do gas natural en electricidade. Ao aproveitar esta calor, obtense unha eficiencia global moi superior. Ademais, ao producirse a coxeración de electricidade e calor nas instalacións do usuario, evita gran parte das perdas de transmisión.

Este sistema é unha forma eficiente de cubrir as necesidades enerxéticas das instalacións industriais.

Usos do gas no transporte

O gas natural vehicular é un combustible automotor substituto da gasolina en motores de combustión interna de arranque por faísca e, de forma parcial, do diésel, naqueles motores de arranque por compresión.

Segundo datos de 2010, a nivel mundial hai en circulación máis de 11,6 millóns de vehículos a gas natural e unhas 17.000 estacións de servizo. Concretamente en Europa, Italia é o país pioneiro e líder deste sistema. Nel, xa hai 700.000 vehículos circulando e 85.000 en Alemaña, mentres que en España se reducen a 2.900.

En España, o gas natural vehicular utilízase principalmente en frotas de transporte de empresas privadas, buses urbanos e interurbanos, taxis, camións de limpeza e recollida de lixos, carretas elevadoras e, de forma minoritaria, en vehículos privados.

Que vantaxes ten o gas natural como combustible para vehículos?

O gas natural é a enerxía que maiores vantaxes achega tamén como combustible do transporte:

Beneficios ambientais

O gas natural é o combustible alternativo que ten a combustión máis limpa.
As emisións de descarga de vehículos a gas natural son moito máis baixas que as dos vehículos a gasolina.

Por unidade de enerxía o gas natural contén menos carbono que calquera outro combustible fósil e, polo tanto, xera menos emisións de CO2 por cada quilometro percorrido por un vehículo.

Aforro económico

A utilización do gas natural como combustible, en comparación co gasóleo de automoción convencional, permite aforros económicos a partir dun 25% e pode acadar ata un 40% segundo o tipo de vehículo e a estación de carga. Ademais, ao queimar máis limpamente, reduce as necesidades de manutención.

Alto nivel de seguridade

Os vehículos que operan con gas natural son máis seguros que os que operan con combustibles tradicionais, xa que o gas natural vehicular se disipa na atmosfera en caso de accidente. A gasolina, en cambio, permanece no chan, polo que crea risco de incendio.

 

Máis información sobre gas vehicular

Consigue toda a potencia térmica que necesites para o teu negocio ou industria

Economía

  • Menor investimento na instalación
  • Estabilidade de prezo
  • Págase unha vez consumido

Comodidade

  • Subministración continua
  • Sen cortes nin interrupcións
  • Sen almacenaxe
  • Adaptación a todas as necesidades produtivas

Medio ambiente

  • Enerxía limpa
  • Economía circular
  • Sen residuos
  • Emisións mínimas

Seguridade

  • Doada instalación
  • Menor mantemento
  • Maior fiabilidade
 
 


Máis vantaxes para o teu negocio

Moitas formas de aforrar

Ademais de ser unha das enerxías máis baratas do mercado e cos prezos máis estables, o gas natural permite aforrar en moitos sentidos. A enerxía págase unha vez consumida, sen necesidade de realizar desembolsos previos. Como esta enerxía non se almacena, a subministración é continua e así se evitan os olores derivados de ter almacenados outros combustibles no teu fogar, aforrando espazo e reducindo riscos.

Instalación doada e segura

A instalación de gas natural é sinxela, doada e proporciona valor engadido ao teu negocio.
A empresa distribuidora realiza exhaustivas revisións periódicas, de forma obrigatoria, para garantir que se cumpren os estándares máis estritos.

Ademais dos controis de seguridade, tamén facilita un servizo de urxencias permanente.

Máxima eficiencia garantida

O gas natural é a enerxía máis eficiente e con máis aplicacións. Ten unha alta potencia calorífica, o que a converte na enerxía idónea e máis eficiente para quentar e conseguir altas temperaturas nun tempo mínimo.

Permite dispoñer de auga quente, calefacción e cociña en distintos lugares do teu negocio á vez e de forma ininterrompida da forma máis eficiente, xa que consome moi pouca enerxía.