Consellos de eficiencia enerxética

Xuntos conseguiremos reducir o consumo enerxético do teu fogar.
Consejos sobre seguridad y eficiencia energética
 
 
Sigue estes sinxelos consellos para ser máis eficiente e aforrar na túa factura

Aplica estes consellos e sé máis eficiente

Beneficios de la calefacción con gas natural
Cocina con gas natural para una mejor eficiencia
Consejos para el uso eficiente del agua caliente con gas

O consumo enerxético do teu fogar

Ícono de radiador como símbolo de calefacción

Calefacción

Supón un 41% da enerxía que consomes.

Auga quente

Supón un 26% da enerxía que consomes.

Electrodomésticos

Supón un 12% da enerxía que consomes.
Ícono de llama como símbolo del gas natural

Cociña

Supón un 11% da enerxía que consomes.
 
 

Consellos para aforrar enerxía nos teus electrodomésticos

Frigorífico

Desconxela os alimentos no frigorífico. Mantén a temperatura do frigorífico entre 3 ºC e 7 ºC, e o conxelador a -18 ºC.

Lavadora

Lava con auga fría ou a baixa temperatura (30 ºC).

Secadora

Centrifuga a roupa ao máximo e consumirás moita menos enerxía. Utiliza a selección automática de programas.

Ordenador

Apaga o ordenador se prevés unha ausencia superior a 30 minutos ou, polo menos, apaga a pantalla.

Televisor

Apaga a TV, consolas, equipos de música, cargadores etc. cando non os uses. Utiliza enchufes múltiples con interruptor para agrupar varios aparatos e desconectalos en conxunto.

 
 

Como aforrar gas natural

Ícono de identificación de puntos de suministro

Pon a túa instalación en mans de profesionais

Só unha empresa instaladora autorizada pode facer ou modificar unha instalación de gas. Se encontras algunha anomalía nos aparellos ou na instalación de gas natural, chama ao servizo técnico do fabricante do aparello ou a unha empresa instaladora autorizada para corrixilo o antes posible.

Ícono de alerta para notificaciones importantes

Presta atención á túa instalación

O bo estado da lapa (estable e azul) demostra unha boa combustión. Evita que se apaguen os fogóns mentres cociñas. Se o fume da lapa mancha as cazolas, avisa o servizo técnico do fabricante do aparello, pois é sinal dunha mala combustión. Vixía o estado dos tubos flexibles dos aparellos e pide os instaladores que che instalen tubos de alta seguridade que cumpran coa normativa vixente.

Ícono de verificación con check en Nedgia

Mantén a instalación ao día

Segundo a normativa vixente, ti es o responsable do mantemento da instalación e do bo uso desta e dos aparatos de gas. A compañía distribuidora debe realizar unha inspección periódica das instalacións de gas e o usuario facilitar o acceso para poder realizala. Coñece en profundidade en que consisten as inspeccións periódicas.

Ícono de notificación con campanilla en Nedgia

Mantén unha ventilación axeitada

As reixas de ventilación deben estar en perfectas condicións. Non as obstrúas en ningún caso. Se acristalas a terraza, non esquezas dicirlles aos operarios que teñen que abrir as fendas de ventilación. O tubo de saída dos gases é fundamental para o bo funcionamento dos aparellos. Fai que cho instale un especialista, seguindo a normativa.

Ícono de campanilla para alertas y notificaciones

En ausencias prolongadas

Se tes que estar fóra por un tempo longo (máis de dous días) pecha a chave de paso do gas da túa casa.
 
 
Hucha representando ahorro en consumo de gas