CONAIF desenvolveu unha ferramenta gratuíta para xerar confianza nos clientes e usuarios finais nos traballos que realizan os instaladores.
Se pertences a algunha das 64 asociacións, gremios ou federacións membros de CONAIF, pódeste adherir ao Protocolo e cubrir o formulario para recibir o certificado que avala ante os teus clientes o teu compromiso coa seguridade fronte ao coronavirus.
Adhírete aquí.
O Protocolo de Actuación para Empresas Instaladoras fronte á infección por coronavirus inclúe unha serie de recomendacións e medidas preventivas co obxectivo de protexer a saúde dos instaladores e dos seus traballadores, así como a dos clientes, tratando de reducir ao máximo as posibilidades de contaxio cando se accede aos fogares para atender os avisos de traballo.
Podes ver o protocolo de actuación para as visitas domiciliarias de Nedgia aquí.