Os próximos días, 7 e 8 de outubro, CONAIF (Confederación Nacional de Asociacións de Instaladores e Fluídos) organizará o 1º Encontro Empresarial Online para Instaladores, que contará co patrocinio de NEDGIA.
O evento contará co relatorio de grandes expertos en temas de eficiencia enerxética, sistemas híbridos de calefacción, medio ambiente e programas de rehabilitación en edificios, así como en cuestións de habilidades directivas.
Nedgia, ademais de ser patrocinador xunto con outras empresas do sector, realiza o patrocinio en exclusiva dun dos relatorios. En concreto, o do experto en Transformación Dixital, Diego Antoñanzas, que versará sobre “Como ser feliz malia a tecnoloxía”.
Entre os relatorios salienta tamén o que impartirá o directivo de Nedgia, Francisco Javier Torres Calvo, membro de Sedigas, sobre “Os gases renovables e o hidróxeno. Unha oportunidade para a industria”.
Cun formato completamente dixital debido ás actuais circunstancias, o encontro de CONAIF conta coa súa propia app, a través da cal tamén se poderá participar. Segundo os organizadores, a app “servirá como elemento de interacción durante a realización do evento, xa que dende este espazo se poderá ter acceso total aos contidos, principalmente á retransmisión en directo dos relatorios, e tamén á descarga de documentación dos patrocinadores, así como participar nas diferentes accións de networking (correo electrónico, chat ou videochamada)”.
Nedgia apoia esta iniciativa que contribúe ao desenvolvemento das empresas instaladoras.
A participación é gratuíta. Para obter máis información sobre o programa, entra aquí.