Logotipo de Nedgia de cabecera

Andrés Montero, novo director de NEDGIA Galicia

Andrés Montero, novo director de NEDGIA Galicia

A ata agora directora, Raquel Vallejo, pasa a dirixir a área de Operacións de NEDGIA nas zonas centro e sur.

NEDGIA, a compañía de distribución de gas natural do Grupo Naturgy, nomeou a Andrés Montero novo director xeral de NEDGIA Galicia, a súa filial nesta comunidade autónoma. Andrés Montero substitúe no cargo a Raquel Vallejo, quen dirixirá a partir de agora a área de Operacións de NEDGIA nas zonas centro e sur.

O novo director de NEDGIA Galicia é galego, natural de Paderne (A Coruña), e enxeñeiro técnico industrial pola Universidade da Coruña. Con case 20 anos de experiencia no Grupo Naturgy (antes Gas Natural Fenosa), Andrés Montero ocupou diversas posicións de responsabilidade no ámbito da distribución de gas natural en Galicia e compaxinará a dirección de NEDGIA Galicia co posto de responsable de Construción de NEDGIA na zona norte (Galicia, Castela e León, A Rioxa e Navarra).

Con este nomeamento, NEDGIA aposta por Galicia ao designar como responsable da actividade da compañía distribuidora unha persoa cun amplo coñecemento do territorio e cunha extensa experiencia e traxectoria na compañía en Galicia.

Andrés Montero intégrase no equipo da directora da área de Operacións de NEDGIA na zona norte, Celestina López, e ambos os dous asumirán o reto de continuar coa expansión da rede de distribución de gas natural en Galicia e de potenciar os novos usos desta fonte de enerxía, entre os que destacan a implantación da mobilidade sustentable con gas natural e o impulso do gas renovable.

 

Nova realidade, novos retos

NEDGIA aposta firmemente pola decisiva contribución do gas natural na mellora da calidade do aire nas cidades españolas. Por iso, traballa no desenvolvemento de solucións innovadoras e eficientes para facer chegar o gas natural a novos usuarios, e promove os novos usos do gas, como a mobilidade sustentable como alternativa a combustibles tradicionais, ou o gas renovable, unha opción sustentable e economicamente competitiva para impulsar un sistema enerxético descarbonizado e loitar contra o cambio climático.

Ademais, a compañía está a traballar na dixitalización de todos os seus procesos co obxectivo de aproveitar ao máximo as novas tecnoloxías para facer máis eficiente e eficaz a súa actividade, ademais de conectar coa nova realidade máis tecnolóxica e esixente.

 

Presenza en Galicia

NEDGIA Galicia subministra gas natural a 77 municipios, o que supón que preto do 70 % da poboación ten acceso a esta fonte de enerxía. Conta con preto de 300.000 puntos de subministración e unha rede de distribución que acada os 3.400 quilómetros.

 

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018

 

Descargar en PDF

Compartir