O presidente de FEGECA (Asociación de Fabricantes de Xeradores e Emisores de Calor) Nicolás Klingenberg, e a nosa directora de Estratexia Comercial e Transformación, Elena Longarela, asinaron un acordo de colaboración para a promoción do gas renovable e solucións eficientes a gas.
O acordo pon de manifesto o compromiso de ambas as dúas entidades co desenvolvemento profesional dos sectores aos que representan no ámbito da enerxía, a climatización, a refrixeración e os servizos relacionados coa calefacción e a produción de auga quente sanitaria.
D. Nicolás Klingenberg, Presidente de FEGECA, e Dna. Elena Longarela López, Directora de Estratexia Comercial e Transformación de NEDGIA, valoran de xeito moi positivo a alianza, que supón un esforzo conxunto por impulsar solucións innovadoras no ámbito enerxético, en liña co firme compromiso de ambas as dúas entidades co desenvolvemento sustentable a transición enerxética e a achega de valor á sociedade. No marco da colaboración, están previstas accións divulgativas sobre o gas renovable, a promoción de equipos eficientes e solucións técnicas a gas e a celebración de xornadas técnicas, entre outros.
Sobre FEGECA
FEGECA leva agrupando máis de 40 anos os fabricantes de xeradores e emisores de calor con actividade en España para xestionar e defender os seus intereses. Ao longo da súa traxectoria, foi e é moi relevante o seu labor como grupo de influencia nas Administracións Públicas, velando para que a normativa e a lexislación que afecta ao sector xere o impacto adecuado para os intereses dos seus asociados. Tamén salienta a súa función como organización de referencia no seu ámbito de cara a medios de comunicación, opinión pública e cidadanía. Ademais, está presente en todos aqueles foros relacionados cos sectores que aglutina e participando activamente en numerosos grupos de traballo, todo iso enfocado a defender e potenciar a actividade dos seus asociados.
Ademais, FEGECA atópase representada en Europa a través da EHI (European Heating Industry).