A promotora facilitará o uso de biometano como fonte de enerxía nas súas promocións inmobiliarias a través dun acordo con Nedgia, a distribuidora de gas do grupo Naturgy.
- A operación enmárcase no Plan Estratéxico de Sostibilidade de Habitat Inmobiliaria e contribúe a cumprir cos obxectivos de descarbonización establecidos na Unión Europea.
- A través desta alianza, Naturgy dá un paso máis no seu compromiso de impulsar a transición enerxética con solucións eficientes e respectuosas co medio ambiente.
Habitat Inmobiliaria, promotora de referencia no ámbito nacional, asinou unha alianza con Nedgia, a distribuidora de gas do Grupo Naturgy, para facilitar o uso de biometano na promoción inmobiliaria. Este convenio enmárcase no Plan Estratéxico de Sostibilidade da promotora, que a levou a ser a primeira promotora do mundo en desempeño ESG no prestixioso ránking de Sustainalytics, e no papel de liderado que está a desempeñar Naturgy para impulsar os gases renovables dentro do seu compromiso coa transición enerxética.
A través deste acordo, Nedgia realizará a adecuación da súa rede de distribución para permitir, en condicións óptimas, a distribución de biometano ás promocións inmobiliarias de Habitat Inmobiliaria para o seu consumo final por parte dos fogares.
Esta iniciativa, que nun primeiro momento se estenderá a máis de medio milleiro de vivendas, favorece a transición enerxética cara a un sistema descarbonizado, xa que permitirá a chegada a estas promocións do biometano, un gas renovable que cumpre os estándares de calidade do gas natural.
O uso de biometano na vivenda non só permitirá proporcionar calor e auga quente aos fogares, senón que a súa produción contribúe á unha mellor xestión e aproveitamento dos residuos orgánicos, o que reforza a protección do medio ambiente.
Ambas as empresas coinciden na importancia de achegar unha maior fiabilidade e flexibilidade ao sistema enerxético que axude a reducir a dependencia enerxética do exterior, así como en fomentar solucións enerxéticas que contribúan ao desenvolvemento da economía circular no marco da súa actividade.
“Aliarnos cunha compañía referente en solucións enerxéticas, como é Naturgy, supón reforzar o noso compromiso co consumo sostible, que só é posible apostando por materias primas de calidade que reduzan a pegada de carbono dos nosos edificios. En Habitat Inmobiliaria continuamos deste xeito a traballar na construción das cidades do futuro e promovendo o desenvolvemento sostible a través dos obxectivos e eixes ESG do noso Plan Estratéxico de Sostibilidade”, afirma José Carlos Saz, CEO de Habitat Inmobiliaria.
“O sector inmobiliario é un actor clave no proceso de descarbonización da actividade económica e social, polo que este acordo supón un fito fundamental ao acelerar a presenza dos gases renovables nos fogares e negocios. O Grupo Naturgy, a través de Nedgia, quere seguir a desempeñar un papel clave na busca de solucións que promovan unha transición enerxética sostible medioambiental e economicamente, a través do gas renovable e as súas redes de distribución”, explica Raúl Suárez, conselleiro delegado de Nedgia.
Sobre Habitat Inmobiliaria
Habitat Inmobiliaria, presidida por Juan María Nin e dirixida por José Carlos Saz, foi recoñecida recentemente como primeira promotora do mundo en desempeño ESG no prestixioso ránking de Sustainalytics. Na actualidade, conta con máis de 40 promocións e ao redor de 4.000 vivendas en comercialización en todo o ámbito nacional.
Cunha ampla experiencia no sector e máis de 60.000 vivendas entregadas, Habitat Inmobiliaria é unha promotora de referencia no mercado inmobiliario español.
Con sede en Madrid, e oficinas en Barcelona, Sevilla, Málaga, Valencia, Vigo e As Palmas de Gran Canaria, Habitat Inmobiliaria conta cun dos maiores bancos de solo de calidade do mercado, con ao redor de 4.000 vivendas e máis de 40 promocións en comercialización.
A innovación, o deseño e a sostibilidade están presentes en todas as áreas da compañía e nas diferentes fases do desenvolvemento das promocións, o que se traduce nunhas vivendas de calidade e eficientes enerxeticamente, ao tempo que confortables e acolledoras para os seus usuarios.
A integridade e a transparencia son os eixes sobre os que pivota a relación cos clientes, colaboradores e investidores, que fan de Habitat Inmobiliaria unha empresa líder e de referencia no sector.
Propiedade de Bain Capital Credit, Habitat Inmobiliaria conta cun sólido respaldo financeiro, o que, unido a un experto equipo profesional e ás máis actuais e innovadoras tecnoloxías e procesos, lle permite desenvolver unhas vivendas de calidade altamente apreciadas polo seu gran número de clientes.
Sobre Nedgia
A filial do grupo Naturgy, é a compañía líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde opera en 11 comunidades autónomas e 1.150 concellos. Conta con máis de 5,4 millóns de puntos de subministración que supoñen o 70 % dos consumidores. O seu principal activo son os 57.000 quilómetros de redes que permiten facer chegar hoxe, de forma segura e eficiente, a subministración enerxética de gas natural e de gas renovable (biometano), así como de hidróxeno no futuro. A innovación, proximidade e atención ao cliente forman parte da súa razón de ser e caracterizan a súa actividade.
Naturgy é un grupo enerxético multinacional presente no negocio da electricidade e o gas. A compañía mantén unha aposta decidida pola produción e a distribución do gas renovable, con tres plantas en operación e unha carteira adicional de preto de 60 proxectos en diferentes fases de desenvolvemento que lle permitirán incorporar nova produción deste gas renovable no curto e medio prazo en España, o terceiro país con maior potencial de produción de biometano de Europa.