NEDGIA Galicia leva o gas natural a Verín (Ourense)

NEDGIA Galicia leva o gas natural ao municipio de Sada (A Coruña)

Preto de 2.300 fogares e comercios do núcleo urbano de Verín xa poden gozar das vantaxes que ofrece esta fonte de enerxía.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2018.- NEDGIA Galicia realizou a conversión a gas natural das instalacións e equipos de propano de ao redor de 2.200 clientes na localidade de Verín (Ourense). Grazas a esta transformación, preto de 5.000 veciños poden ter acceso ao gas natural, unha enerxía máis eficiente e respectuosa co medio ambiente.

Ademais, a compañía instalou unha planta de gas natural licuado, de 80 m3 de capacidade, para subministrar gas natural á localidade, e executou a conexión para os novos clientes domésticos e comerciais que queiran beneficiarse das vantaxes do gas natural.

Os traballos, que se realizaron de forma áxil e gratuíta para os veciños, realizáronse no prazo aproximado de 4 semanas.

A compañía distribuidora incrementou a súa presenza na localidade coa transformación das redes de propano e seguirá ampliando as súas redes nos próximos anos para facer chegar a subministración a máis vivendas, comercios e industrias.

O gas natural é a fonte de enerxía máis limpa, menos contaminante e con menores emisións de CO2 por unidade de enerxía consumida, polo que contribúe a paliar o efecto invernadoiro. Ademais, axúdanos a respirar un aire máis limpo, xa que reduce ata case cero os contaminantes de referencia que miden a calidade do aire.

Presenza en Galicia

NEDGIA Galicia é a compañía de distribución de gas natural do grupo Naturgy na comunidade galega, onde subministra gas natural a 77 municipios, o que supón que preto do 70% da poboación ten acceso a esta fonte de enerxía. Conta con preto de 300.000 puntos de subministración e unha rede de distribución que acada os 3.400 quilómetros.

Compartir