NEDGIA recibe a Cruz da Orde do Mérito da Garda Civil por mellorar a eficiencia enerxética nas súas instalacións

NEDGIA recibe a Cruz da Orde do Mérito da Garda Civil por mellorar a eficiencia enerxética nas súas instalacións

Grazas ás melloras realizadas en preto de 180 cuarteis, a benemérita conseguiu uns aforros anuais en combustible de máis de 1,3 millóns de euros e evitou a emisión á atmosfera de case 2.500 Ton de CO2.

A directora executiva de NEDGIA, Núria Rodríguez, e xestor de Contas Nacionais da compañía, Enrique García, recibiron a Cruz da Orde do Mérito da Garda Civil con distintivo branco no transcurso dun acto que estivo presidido polo director xeral da Garda Civil, Félix Azón, e que tamén contou coa presenza do presidente da Comunidade de Madrid, Ángel Garrido, e do delegado do Goberno en Madrid, José Manuel Rodríguez, entre outras autoridades civís e militares.

A distribuidora de gas do Grupo Naturgy recibiu este recoñecemento por mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e instalacións da Dirección Xeral da Garda Civil, e promover a utilización no seu parque móbil de combustibles limpos, como o gas natural.

 

Importantes aforros

Hai tres anos, NEDGIA e a Garda Civil asinaron un acordo de colaboración para estudar como mellorar a eficiencia nos centros dependentes da benemérita mediante a transformación das instalacións a gas natural.

Froito deste acordo, NEDGIA construíu máis de 4,5 quilómetros de redes de distribución e transformou a gas natural as instalacións de case 5000 vivendas en preto de 180 cuarteis que a Garda Civil ten en diferentes comunidades autónomas.  A compañía distribuidora, que destinou 9,3 millóns de euros nos traballos de transformación, xerou máis de 180 postos de traballo directos asociados a estes traballos nos edificios do instituto armado.

Grazas ás melloras realizadas coa transformación de instalacións a gas natural, a Garda Civil conseguiu uns aforros anuais en combustible que superan os 1,3 millóns de euros.

 

Beneficios ambientais

NEDGIA tamén foi recoñecida por aumentar a calidade de vida dos gardas civís e por mellorar a calidade do aire que respiran. Neste sentido, coa transformación a gas natural das instalacións que utilizaban combustibles máis contaminantes, evitouse a emisión de case 2.500 Ton de CO2, o que equivalería a plantar case 68.000 árbores.

O gas natural é a opción máis beneficiosa para o medio ambiente e para a saúde. En comparación con outros combustibles, as emisións de óxido de nitróxeno e xofre son practicamente nulas e non producen nin cinza nin partículas sólidas, polo que contribúe a manter a calidade do aire urbano.

Ademais, o propio gas natural ten, cada vez máis, unha orixe renovable, ao poder inxectar na rede de gas natural o biometano que se obtén de residuos agroalimentarios, de vertedoiros ou de augas residuais e poder utilizalo coas mesmas aplicacións nas nosas casas e edificios, industria, transporte público e privado, etc.

 

Sobre NEDGIA

NEDGIA, filial distribuidora do Grupo Naturgy, é líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde opera a través das súas diferentes compañías en once comunidades autónomas. A empresa supera os 5,4 millóns de puntos de subministración e conta con máis de 52.400 quilómetros de redes en case 1.200 municipios españois.

Madrid, xoves, 18 de outubro de 2018

 

Descargar en PDF

Compartir