NEDGIA recorda aos usuarios os consellos prácticos para facer un uso seguro das instalacións de gas

NEDGIA recorda aos usuarios os consellos prácticos para facer un uso seguro das instalacións de gas

A compañía quere concienciar aos usuarios domésticos da importancia de facer unha boa utilización e mantemento das instalacións e os aparatos de gas.

Coincidindo coa baixada das temperaturas e o uso máis intensivo que os usuarios fan das instalacións de gas natural, NEDGIA quere concienciar aos usuarios domésticos da importancia de facer unha boa utilización e mantemento dos aparatos de gas e evitar así posibles accidentes. 

Vixiar que a combustión sexa correcta, evitar que as fendas de ventilación e o tubo de saída de gases queden obstruídos ou pechar a chave do gas se non imos estar durante varios días son algúns dos principais consellos prácticos para utilizar con seguridade as instalacións de gas.  

Ademais, co obxectivo de garantir un aproveitamento óptimo da enerxía e a seguridade dos equipos, o Real Decreto 984/2015 establece que, cada cinco anos, é necesario realizar a inspección periódica da instalación receptora individual de gas natural. 

A distribuidora de gas natural do grupo Naturgy recorda que o titular da instalación, ou no seu defecto o usuario, é o responsable do seu bo funcionamento. 

 

E se ule a gas? 

A compañía insiste na importancia de saber como actuar para evitar posibles incidentes cando o usuario percibe un olor a gas. O máis recomendable é abrir as ventás, pechar a chave xeral de paso e dos aparatos de gas, non acender ningún aparato eléctrico nin interruptores de luz, non fumar nin xerar faíscas e chamar ao servizo de urxencias da compañía (NEDGIA: 900 750 750). 

 

Sobre NEDGIA 

 NEDGIA é líder na actividade de distribución de gas natural en España, onde opera a través das súas diferentes compañías en once comunidades autónomas. A empresa supera os 5,4 millóns de puntos de subministración e conta con máis de 52.400 quilómetros de redes en 1.200 municipios españois.  

Compartir